Querémosche mostrar espazos que teñen estado en segredo durante séculos. Ímosche sorprender coas primitivas murallas defensivas do século XVIII, ou farémolo coa tecnoloxía das fragatas máis avanzadas do mundo. Descubrirás a estratéxica situación das baterías militares da nosa costa, ou as enormes magnitudes dos estaleiros civís e militares. Pasearás polos cuarteis máis antigos de España. Contemplarás todas as bandeiras que teñen ondeado nos nosos navíos. Explicarémosche como o enxeño humano logrou tirar proveito das mareas para a construción naval... Un feixe de detalles e curiosidades, explicadas in situ ou en fantásticos museos, que han excitar a túa curiosidade como nunca nada antes o fixera.

SALTAR INTRODUCIÓN

Logo